Gaio - Frontal de tradución automática
Xunta de Galicia
Últimas actualizacións do sistema
26.03.2026
Actualizados os dicionarios do tradutor con preto de 200 novos termos achegados pola cidadanía. Incorpórase vocabulario relacionado coa agricultura e a gandería (cabrún, becerro, cebadeiro, cunicultura, muxidura, almalla, poula, labradío, coitío...), a fauna (galiñola, lamprea, meixón, muflón, parrulo, rebezo, saboga, torcaza...) ou as augas (asolagamento, drenar, enchente, pluviometría, seimeira, potabilizar...), entre outras moitas propostas.
18.06.2024
Actualización dos dicionarios do tradutor coas achegas da cidadanía e cos nomes dos novos altos cargos da Xunta de Galicia.
22.02.2024
Actualización dos dicionarios do tradutor coa incorporación de 50 novas suxestións da cidadanía, entre as que se atopan termos variados como viñateira, ferraxe, manequín, fular, miñato e blog ou expresións como xogo limpo e comercio de proximidade.
04.10.2023
Actualización dos dicionarios do tradutor coa incorporación de máis de 50 suxestións cidadás, entre elas palabras de uso común como larpeirada, buceira, tendal, canseira, gotear, mitificar, contedor ou popurrí, así como dos nomes de novos cargos públicos das corporacións municipais e provinciais.