Gaio - Frontal de tradución automática

Xunta de Galicia

Política de privacidade

Ao descargar e usar a aplicación móbil Traductor Gaio vostede manifesta que leu e acepta as condicións de uso e a política de privacidade. Recomendamos revisar periodicamente o contido das condicións de uso e da política de privacidade.

A app Traductor Gaio permite realizar traducións automáticas de textos entre galego, castelán, portugués, inglés e catalán.

A app ofrece a información de que palabras non se atopan nos seus dicionarios e permite ao usuario facer suxestións para engadir novos termos.

Tamén se poden gardar traducións favoritas e configurar o sentido da tradución por defecto.

Esta aplicación móbil non recolle datos persoais das persoas usuarias tales como datos identificativos ou de uso de dita aplicación que permitan identificar á persoa interesada.

Esta aplicación móbil recolle información relativa ao uso da aplicación como por exemplo información relativa aos tempos de uso e de resposta do tradutor e información relativa aos erros que se produzan na aplicación. Con todo, ningunha da anterior información se asocia a ningunha persoa física determinada.